A partir da iniciativa do equipo do voluntariado da biblioteca levamos a cabo unha actividade consistente na celebración dun coloquio sobre “identidade sexual” cunha mesa de debate sobre experiencias diversas e as súas problemáticas. Tivemos a Sandra López, representante do colectivo de lesbianas LES CORUÑA, a Rubén Alexandre da asociación Casco e Víctor Patiño (vicedirector […]
#LetrasGalegas_22
Este ano festexamos as letras de Florencio Delgado Gurriarán cunha lectura de fragmentos da súa obra e a continuación un xogo para reforzar os contidos e a reflexión sobre as lecturas feita nas que falamos do seu pensamento político e as súas reivindicacións sociais, así mesmo debatemos sobre a literatura galega no exilio. ENLACE AO […]
#9 Maio_Día de Europa
Co gallo do #Día de Europa elaboramos unha actividade que consistíu por unha banda en investigar sobre autores europeos de recoñecido prestixio que tiveran escrito sobre o concepto de Europa ou a súa importancia na cultura e sobre todo na literatura europea. O alumnado escolleu aos seguintes autores: Saramago (Portugal) Petros Markaris ( Grecia) Andrea […]
Xincana_Literaria_Primavera de libros
Con motivo do Día do Libro preparouse unha serie de actividades organizadas en forma de yincana para ampliar coñecementos referidos a este día. Para iso, formaranse equipos de 4 persoas dentro da clase e facilitaráselles un ipad a cada equipo para completar as distintas actividades.
#23Abril_22: ¿Y qué pasó después?
Co gallo do día do libro, este ano os alumnos/as da clase de Literatura Universal, participaron do proxecto ¿Y qué pasó después? Se trataría de ver una foto icónica de la historia de la humanidad en relación con las guerras y elaborar o bien un poema o un pequeño relato en donde se continúe la […]
#21Abril: Día Internacional da Terra 2022
Estes días estivemos a botarlle un ollo a algúns dos libros marabillosos que temos nos nosos andeis para investigar sobre como podemos coidar e coñecer mellor a nosa terra, os nosos bosques, ríos, plantas…. Para afondar máis finalmente xogamos cunha xincana colaborativa que compartimos con todos vós:
#6Abril_Estatuto Autonomía de Galicia: Sempre en Galiza
Co gallo do día 6 de abril no que celebramos o Estatuto de Autonomía de Galicia, queremos compartir convosco os materiais que temos elaborado na biblioteca co alumnado voluntario en colaboración coa nosa compañeira Pilar Martínez (dpto. Xestión e Admón) e o seu alumnado ; o vindeiro mércores celebraremos unha charla con 1º de bacharelato sobre esta data e a súa […]
#8Marzo: Día Internacional da Muller
No noso centro có gallo de celebrar o Día da Muller Traballadora do 2022 levamos a cabo unha actividade consistente en escoller a unha escritora e tentar fotografarse rendíndolle unha homenaxe, facendo ao final unha galería de fotos e textos que compartimos coa comunidade educativa. As escritoras escollidas foron: Marina Mayoral Almudena Grandes Beatrix Potter Dona Juana […]
#23F: as bolboretas rosalianas
Este Día de Rosalía, pensamos que sería moi agradable ter sobre as nosas cabezas moitas rosalías sobrevoando como bolboretas que anuncian a primavera e as flores, e ademais como un sopro de ar fresco que parece que nos van traer os novos tempos libres de pandemia. Por iso o voluntariado escolleu as caricaturas máis aqueladas […]
#6F Día contra a mutilación xenital feminina
Co gallo desta data o voluntariado da biblioteca elaborou unha galería de carteis que ilustraban a importancia desta data e informaban á comunidade educativa da existencia desta práctica que atenta contra as mulleres e sobre todo contra as nenas. Para ilustrar e afondar nesta actividade lemos polas aulas fragmentos de obras de autores que reflicten […]