Inauguramos o comedor de verán na biblioteca

Como estamos a piques de rematar o curso e xa temos por diante un BEN MERECIDO DESCANSO, o equipo da BIBLIO quere invitarvos a que degustedes saborosos e nutritivos pratos para este verán, porque que mellor compañía na praia ou no campo que un bo libro….. Por iso inauguramos o comedor da biblio coa promoción #gastrolecer, […]

#gastrolecer: menú de verán

Achégase o verán e as vacacións e por iso a biblio ofrécevos un menú de verán divertido e saudable; tedes pratos fortes, petiscos, lamberetadas e cociña oriental….de todo temos e para todos os gustos. Para facilitarvos os pedidos do menú deixámosvos un formulario online moi sinxelo para que podades escoller con máis comodidade… Bo proveito […]

Xornadas de Innovación Educativa Arteixo

No pasado mes de maio celebramos as xornadas ARTEIXOINNOVACIÓN onde poidemos ver experiencias diversas en educación. Dende a biblioteca amosamos os diferentes recursos TIC empregados para crear e enriquecer o blog da biblioteca como un espazo creativo e para compartir experiencias e información. O noso proxecto foi exposto por alumnas do equipo de voluntariado co […]

O agro de libros de Mª Victoria Moreno

 O equipo de voluntariado da biblioteca preparou unha maravillosa mostra da obra da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018. Na nosa biblioteca temos a maioría dos títulos da autora e mesmo Anágnorise é unha das obras máis solicitadas no préstamo da biblioteca.        

Celebración do Día das Letras Galegas

 Para celebrar o Día das Letras Galegas deste 2018 na Biblioteca do centro leváronse a cabo varias actividades entre as que podemos destacar a visita da nosa antiga alumna Estefanía Mosquera e actualmente doutora e profesora na UDC  no departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación na área de Didáctica de Língua e […]

Xornadas Arteixo Innovación 2018

Os pasados 7, 8 e 9 de Maio leváronse a cabo as xornadas de Arteixo Innovación que organiza o concello de Arteixo cos centros educativos de infantil, primaria, secundaria, bacharelato e FP. Nestas xornadas poidemos ver todo tipo de proxectos educativos baseados nas TIC e nas TAC que están a desenrolar os docentes que pertencen aos centros […]

I Torneo xadrez do IES de Sabón

Aquí tedes os gañadores (todos rapaces) do 1º campionato de xadrez do IES de Sabón, a ver si se animan as nenas…..Entregáronse tres premios por parte da nosa vicedirectora Paula e dous membros do equipo voluntario da biblioteca.  Parabéns a estes futuros Kasparov…!!!