Proxecto Palmira

 img-20161121-wa0000

O noso antigo alumno Daniel Yonte pon en marcha xunto a Beatriz Sanz o Proxecto Palmira, unha iniciativa para que artistas que viven en campos de Grecia poidan crear en España. 

Daniel Yonte Fuente: www.laopinion.es
                            Daniel Yonte
                  Fuente: www.laopinion.es
Daniel Yonte e Beatriz Sanz (esquerda) en Grecia.
Daniel Yonte e Beatriz Sanz (esquerda) en Grecia. Fuente: www.diariodeburgos.es

O seu obxectivo é crear unha ponte, unha vía de escape a través da cultura para que algúns dos refuxiados poidan realizar unha residencia artística durante tres meses en España. A cidade de acollida será Pedro Muñoz, en Cidade Real, no Centro Cultural A Harinera, coa que Proxecto Palmira asinou xa un acordo de colaboración, aínda que non pechan a porta a que outros municipios poñan as súas instalacións ao servizo destes creadores esquecidos.

“Todo o que se ve na televisión é moito máis cando estás alí. É unha montaña rusa de sentimentos, porque por unha banda, estás contento de estar alí e de poder axudar pero, por outra, estás moi triste porque pensas que oxalá non tiveses que axudar ante esta situación”, explica Daniel.

Yonte y Sanz contarán en la web de LA OPINIÓN sus experiencias de esta segunda visita a Grecia y traerán además, fotos. vídeos y material con el que poder trabajar no solo allí con ellos, sino también cuando vuelvan, con los que nunca han hecho guardia en la noche oscura por si una barca neumática intenta llegar a la playa, a la otra orilla, a una libertad que no es tal y como se la esperaban. Aquí vos deixamos un enlace para que poidades seguir o VIDEOBLOG do Proxecto.

Noraboa por tan boa iniciativa e contade co IES de Sabón para votarvos unha man cando o precisedes…!!

 

 

Vota

Deja un comentario