Estefanía Mosquera: “o talento en estado puro”

fuente: http://www.laopinioncoruna.es/
              fuente: http://www.laopinioncoruna.es/

A nosa antiga alumna Estefanía Mosquera, hoxe profesora na Facultade de  Ciencias da Educación da Universidade da A Coruña ven de recibir o premio Luísa Villalta xunto con outras compañeiras polo proxecto ‘Que o verso baixe á rúa’.

Desde a Facultade de Ciencias da Educación nace esta idea que se porá en práctica o vindeiro ano coa intención de galeguizar os campus, de encher de verbas e de poemas os lugares de tránsito e as aulas, indo máis alá dos folios con palabras escritas, dándolle unha volta máis artística ao proxecto, mesturando poemas con pinturas e espellos.

A iniciativa ten un carácter artístico, mais tamén lúdico e participativo, de maneira que colocarán versos, ben sexan de recoñecidos autores ou creados polos alumnos, en lugares de paso, en zonas nas que a comunidade universitaria pasa bastante tempo, como nas paradas do bus ou na entrada da facultade e que, a partir deles, empecen a xogar.

Parabéns, nosa ben querida Fany!!!

Vota

Deja un comentario