Premio dos clubes de lectura 2017: Miguel Anxo Prado

Co gallo do Día Mundial do Libro, o Portal Educativo publicou a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 21 de abril de 2017, pola que se recoñece ao debuxante e autor de banda deseñada Miguelanxo Prado co Premio dos Clubs de Lectura pola súa contribución áao impulso da lectura en galego entre o alumnado que participa nos clubs de lectura de ensino secundario de Galicia. Miguelanxo Prado foi un dos autores máis lidos polos clubs de lectura no curso 2015/2016.  O premio seralle entregado o 17 de xuño na que será a X Xornada dos Clubs de Lectura, e que se celebrará en Compostela coa asistencia de un milleiro de lectores e lectoras, entre profesorado e alumnado, en representación dos máis de 11.000 lectores dos clubs de lectura de Galicia, do ámbito educativo.

 

 

Vota

Deja un comentario