Charla “Conoce la Terapia Ocupacional”

As ex-alumnas do IES. de Sabón Alba Ponte, Lorena Cotelo e a súa compañeira Patricia Pazos, graduadas en Terapia Ocupacional pola Facultade de Ciencias da Saúde de A Coruña viñeron ao noso centro a presentarnos unha charla moi dinámica  sobre a súa experiencia nas prácticas en diferentes institucións tanto públicas como privadas: FOLTRA, AFACO, CHUF, AFAES, A MILAGROSA…

Na súa exposición tentaron transmitir ao alumnado a esencia desta carreira, as súas saídas profesionais, a grande satisfacción que xenera axudar aos demáis e as grandes dificultades e sinsabores que pode conlevar.

Por si for do voso interés aquí vos deixamos a presentación que nos amosaron:    TERAPIA OCUPACIONAL

Tamén proxectaron un vídeo moi interesante que reflicten perfectamente en que consiste a Terapia Ocupacional e as súas posibilidades:

 

Vota

Deja un comentario