¡A mostra Romanorum Vita está na Coruña!

Dende o 26 de maio ata o 30 de xuño pódese visitar na Coruña a exposición Romanorum Vita que trata as costumes e as rutinas dos antigos romanos. Esta mostra é unha pequena recreación dunha vila romana do século I: rúas, establecementos e mesmo unha domus.

Está situada no aparcadoiro do Pazo dos Deportes de Riazor e os seus horarios son os seguintes:

Persoalmente, dicir que me gustou moito esta exposición. Xa que na propia mostra aconséllannos que tratemos de desvelar o menor número de detalles posible para non amolar a visita, tan só direi que se trata dunha recreación moi ben detallada e que conta con moitos datos de interese. As visitas duran entre 20 e 30 minutos, moi áxiles e cuns guías moi profesionais e atentos.

O único punto negativo é a propia brevidade da visita, xa que o gran número de datos e información pode chegar a ser excesivo en tan pouco tempo.

Por tanto, animo a todo o mundo a acudir antes de que pechen as portas o día 30 de xuño. A continuación deixo unha serie de enlaces á súa web onde podedes ampliar a información e unhas cantas fotos que realicei durante a visita. Pasádeo ben!

Web: http://www.romanorumvita.com/?lang=es

Vota

Deja un comentario