Inauguración curso académico 2017/18

Xa estamos de volta con moito ánimo para este novo curso escolar 2017/ 2018

Co gallo do inicio de curso 2017/ 2018 celebramos un acto no CTA de Arteixo no que despóis do discurso inaugural pronunciado polo director Luis Javier Ramos Asensio ante o auditorio dos alumnos /as do IES de Sabón, tivemos a sorte de contar cunha charla da deportista Mar Delgado González compartindo as súas experiencias e éxitos deportivos no centro onde hai pouco estaba a formarse. Esta ex-alumna do centro acadou premios autonómicos, nacionais e con participación  este ano dentro da selección española tanto no europeo como no campionato do mundo,  ademáis de ter creado a súa propia empresa con moito esforzo como ela mesma explicou, dando exemplo non so de esforzo académico e deportivo, senón tamén de iniciativa emprendedora e persoal.

A súa exposición animou aos rapaces a esforzarse e tentar ser os mellores naquilo que lles gustase seguindo o antigo lema latino: “citius, altius, fortius” no que se condensa a fórmula do éxito que ela nos transmite e da que é un vivo exemplo.

 

Vota

Deja un comentario