Mar Delgado González: o esforzo é a clave do éxito

Mar foi alumna do Ciclo Medio de Condución de Actividades físico deportivas no Medio Natural durante curso 2016 e finalizou  o seu período de prácticas no verán de 2016, en Portugal, grazas a unha beca de excelencia do Concello de Arteixo.
 Practica OBM (orientación en bicicleta de montaña), dende fai dous anos e ten a súa licenza federativa coa Agrupación Deportiva IES de Sabón.
No 2016 fixo a primeira participación no campionato de España cun 3º posto e un 5 posto en dúas modalidades distintas.
 Destacan os seus resultados deportivos en 2017 , ano no que gañou unha grande cantidade de probas a nivel nacional, e acadou un primeiro posto da liga galega de OBM, ademais do primeiro posto tamén no ránking nacional. Todo iso fixo que fóra selecciona para o equipo nacional, que participou no Campionato de Europa en xullo , e no Campionato do Mundo en agosto, obtendo aquí un 9º posto co equipo feminino na proba de substitucións.

 Creou a súa propia empresa no 2017, adicada ao control nutricional de persoas relacionadas co mundo do deporte, dando mostras de iniciativa persoal e emprendedora tamén no mundo empresarial.

 

Vota

Deja un comentario