Concurso celebración O Samaín: “A Festas dos Defuntos”

CONCURSO MICRORRELATOS, VIÑETA OU BANDA DESEÑADA DE TERROR

OBXECTO

O concurso convócase con motivo de descubrir o talento literario co gallo da celebración da Festa dos Defuntos.

REQUISITOS

Os interesados/as deberán entregar os microrrelatos, viñetas ou banda deseñada a un membro do equipo da biblioteca. Os microrrelatos terán unha extensión máxima de cen palabras (sen incluir a frase de inicio nin o título) escritos en galego, castelán, inglés ou francés en Arial 12,   márxenes tipo normal , xustificado e interlineado 1,15.

A viñeta ou banda deseñada terá a mesma temática e deberán estar escritas nas mesmas linguas que os microrrelatos.

Os autores non poderán identificarse co seu nome, deberán empregar un pseudónimo e entregarán nun sobre pechado o seu verdadeiro nome e o pseudónimo empregado na súa creación.

O prazo para o envío das obras será ate o día  6 de Novembro 2017.

SELECCIÓN DE GAÑADORES

Un xurado formado por profesores e alumnos do IES de Sabón seleccionará aos premiados.

PREMIOS

Haberá dous cheques regalo do FNAC de A Coruña para os gañadores  por un importe de 30 euros o 1º Premio e de 20 euros o 2º, e un agasallo para todos os participantes. 

Si o xurado determina que ningún dos traballos ten a calidade necesaria os premios poden quedar desertos.

A entrega dos premios será o día 10 de Novembro 2017 na biblioteca do IES de Sabón.

 

Deja un comentario