Derradeira Fase do concurso Quen Fixo Que?

Rematou Novembro e xa estamos na derradeira proba resolta do concurso; nesta ocasión as alumnas e alumnos acertaron con outras dúas mulleres fantásticas como foron Bárbara McClintock e Susan Jocelyn Bell.

O noso alumnado non so disfrutou dos saborosos premios dos bocatas da cafetería de Monse…senón que aprendeu dúas importantes cousas: que a Ciencia e a Investigación é un mundo apaixoante, e  que as mulleres científicas foron e son moitas,  e que sofriron a discriminación e a inxusticia por parte dos seus colegas masculinos e de grande parte da sociedade en xeral.

Con estas conclusións o equipo da Biblioteca e en concreto a profesora que deseñou e levou a cabo a actividade Marta Cortés sentímonos máis que satisfeitos.

 

 

Vota

Deja un comentario