CONVOCATORIAS E AVISOS DE INTERÉS

  I Premio “Begoña Caamaño”

En memoria da xornalista, escritora, activista cultural e feminista galega Begoña Caamaño, e coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura, a Deputación da Coruña convoca o Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola de Igualdade de Xénero.
 
Tendo en conta o grupo de novos autores de historieta que teñen xurdido nos últimos anos en Galicia a Deputación da Coruña convoca o Premio de banda deseñada “Castelao”
 
A Deputación da Coruña ven potenciando a produción artística na nosa provincia, polo que como homenaxe a un nome que suxire a creatividade e a contemporaneidade de Galicia, convócase o Certame de artes plásticas “Isaac Díaz Pardo”.
Coa intención de incentivar a creatividade no ámbito do teatro, por ser unha das formas artísticas de maior incidencia social e en lembranza do xenial autor rianxeiro, a Deputación Provincial da Coruña convoca o Premio de Teatro “Rafael Dieste”
 
Coa finalidade de recoñecer o nome de tan insigne músico e compositor coruñés e acrecentar a gran tradición musical da nosa provincia, a Deputación da Coruña convoca o Premio de Composición Musical “Andrés Gaos”
 
Co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e creativa que caracteriza aos nosos escritores, así como de homenaxear ao ferrolán Gonzalo Torrente Ballester , a Deputación provincial da Coruña, convoca o Premio de Narrativa “Torrente Ballester”
 
Tendo en conta a significación especial que, para a difusión das artes da imaxe e, especialmente da a fotografía, posúe, desde hai tempo. a nosa provincia, e para contribuír á conservación da memoria de personaxes tan representativos neste campo como o foi Luís Ksado, a Deputación da Coruña convoca o Premio de creación fotográfica “Luís Ksado”
 
Asumindo a significación que, no seu tempo, tivo Manuel Murguía como un intelectual preocupado por difundir e dignificar a cultura de Galicia, convócase o Premio de Ensaio “Manuel Murguía” adicado ás ciencias históricas
 
Coa finalidade de manter viva a memoria de Rosalía de Castro, figura principal da historia da literatura galega e como medida impulsora de normalización lingüística a Deputación da Coruña convoca o Premio “Rosalía de Castro”