Cidades Literarias: “de Marineda a Macondo pasando por Narnia”

Roteiro de cidades literarias

 CIDADES LITERARIAS: “De Marineda a Macondo, pasando por Narnia”

MATERIAS

Lingua Castelá e Literatura

Lingua Galega e Literatura

Linguas Clásicas

Linguas Estranxeiras

Literatura Universal

Ciencias Sociais

Xeografía e Historia

NIVELES

Educación Secundaria de Adultos/ FP Básica / 1º Bacharelato

COMPETENCIAS BÁSICAS

Competencia en Comunicación Lingüística

Competencia Cultural e Artística

Competencia Dixital

Competencia Social e Cidadá

Competencia en Aprender a Aprender

Competencia en Autonomía e Iniciativa Persoal

METODOLOXÍA

A metodoloxía será eminentemente activa e participativa, axustándose ás demandas do  alumnado. Partiremos da aprendizaxe baseada en proxectos ( ABP), sendo un proxecto de traballo colaborativo, con dúas claves,  gamificación e curación de contidos, imprescindible para que o alumnado desenvolva unha navegación activa e crítica en redes sociais, e adquira unhas competencias  dixitais plenas.

A orientación no  proceso de ensino e aprendizaxe será a  flipped  classroom, onde alumnado convértese en xestor da súa propia contorna persoal de aprendizaxe ( PLE). As novas sociedades da información e da  globalidade tecnolóxica, esixen suxeitos activos, capaces de desenvolver a súa propia aprendizaxe, a fin de crear unha competencia plena de aprender a aprender, esencial nas sociedades do século  XXI.

O profesorado debe ser un facilitador-orientador nos procesos de ensino e aprendizaxe, e este proxecto permite neste sentido, expor a actividade como unha secuencia guiada por completo na aula para os niveis de competencia máis baixos, ou como unha actividade de ampliación para alumnado máis autónomo. En canto á distribución, a formulación apunta cara ao traballo en grupos pequenos, mellor que de forma individual; mediante a repartición de tarefas traballaranse técnicas de aprendizaxe colaborativa.

 DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO

A secuencia de actividades proposta ( modificable), constitúe en si mesma un pequeno proxecto de traballo porque as distintas actividades que a compoñen entrelázanse e adquiren sentido con vistas á consecución dun produto final comunicativo, neste caso, un percorrido literario.

O proxecto exponse como unha actividade xeral de investigación que implica diversos elementos xa que esixe competencias dixitais e de comprensión/expresión tanto oral como escrita. O aspecto literario forma parte dos nosos contidos (en canto á procura de información dos autores e no referido ás liñas do tempo) e tanto a Xeolocalización como a posible actuación in situ poden servir para abordar as competencias dun modo global. Do mesmo xeito, pódese aproveitar a actividade para outras materias do ámbito humanístico, como Historia, Ciencias Sociais… Pero  tamén a preparación deses contidos esixe a posta en marcha de distintas técnicas de traballo, como a procura e selección de información, a súa curación,  a expresión oral, a expresión plástica e visual, etc. Así pois, a actividade debe poñer en marcha distintas destrezas.

 FASE PREVIA

–      Selección de cidades literarias con nome ficticio pero algún referente xeográfico.

–      Procura de información sobre as cidades, as obras nas que aparecen e sobre os autores literarios.

–      Procura e selección de fragmentos representativos.

–      Lectura e comprensión dos textos literarios seleccionados.

 ALMACÉN CONTIDOS

–      Creación dun sites co nome do proxecto no que se irán almacenando os contidos seleccionados e curados.

CREACIÓN DE AUDIOS

–      Gravaranse podcasts de fragmentos da obra literaria na que se faga referencia dalgunha maneira  á cidade elixida.

   XEOLOCALIZACIÓN

–      Elaboración do itinerario coas cidades seleccionadas con Google.Maps ou Geo. aumentaty

–      Etiquetaxe coa síntese de contidos seleccionados.

–      Elaboración e deseño de liña do tempo

 REALIDADE AUMENTADA

–      Proposta1 elaboración un póster con  RA. do mapa das cidades

–      Proposta2  elaboración revista dixital con  RA

–      Elaboración dunha APP con toda a información contemplada para ser utilizada sobre todo en móbiles.

FICHA TÉCNICA DE CADA CIDADE

 NOME CIDADE

–   Foto, debuxo, gravado…da  cidade literaria ( se é posible) e da correspondencia xeográfica (ás veces será aproximada ou simplemente moi discutida)

FRAGMENTO DESCRITIVO

Da cidade tanto xeograficamente como social ou economicamente, ou de calquera outro aspecto que se considere de interese

A OBRA E O AUTOR: biografía breve e resumo da obra.

PODCAST: o alumno/para gravará audios/vídeo onde lea o fragmento descritivo da cidade….ou na súa falta un fragmento representativo da obra.

MOTIVOS: o porqué de achegarse a esa cidade.

CÓDIGO QR: permitirá acceder a información sobre a cidade, e sobre a obra.

LISTADO DE CIDADES LITERARIAS

  1. Marineda ( A Coruña), Pardo Bazán, La Tribuna
  2. Arcadia (Arcadia, Peloponeso) Lope; La Arcadia
  3. Arkham ( Salem) Lovecraft;  El cuadro en la casa
  4. Atlántida ( Malta, Islas Canarias…) Platón; Timeo
  5. Attilán ( Himalaya)  Stan Lee y Jack Kirby ; Cómics de Marvel Los 4 Fantásticos
  6. Avalón (Cumberland, Ile Aval ) anónimo; Leyendas artúricas
  7. Barataria (Alcalá del Ebro) , Cervantes, El Quijote
  8. Bomarzó ( Viterbo) Mujica Láinez; Bomarzó
  9. Camelot ( Gran Bretaña) Chrétien de Troyes; Lancelot
  10. Castle Rock ( Maine) Stephen King;  La zona muerta
  11. El Edén ( O. Medio) anónimo; Antiguo Testamento
  12. Godric´s Hollow ( Edimburgo) J. K. Rowling; Saga Harry Potter
  13. Gotham ( N.Y) Bill Finger ; Cómic Batman
  14. Kinsgsbridge (Condado de Devon) Follet; Los pilares de la Tierra
  15. Lilliput ( Tasmania)  Jonathan Swift; Los viajes de Gulliver
  16. Macondo ( Aracataca) García Márquez ; Cien años de soledad
  17. Mágina ( Úbeda) , Muñoz Molina, Beatus Ille
  18. Narnia ( Narni, Italia) ,  S. Lewis. Las Crónicas de Narnia
  19. Ogigia ( Isla de Comino, Malta) Homero; La Odisea
  20. Olimpo ( Tesalia ) Homero; La Ilíada
  21. Pandora (El Congo) Sánchez Piñol; Pandora en el Congo; La piel fría
  22. Pndapetzim ( Asia) Umberto Eco ; Baudolino
  23. Shangri-La ( Himalaya) James Hilton; Horizontes perdidos
  24. Santa María ( Montevideo) Juan Carlos Onetti;  Juntacadáveres
  25. Santa Mónica de los Venados ( Brasil) Alejo Carpentier; Los Pasos Perdidos
  26. Smallville ( Maryland)  Alfred GoughMiles Millar, Superman
  27. Vetusta ( Oviedo) Clarín; La Regenta
  28. Xanadú (Mongolia), Marco Polo; Crónicas
  29. Yoknapatawpha (Mississippi) W. Faulkner; Absalóm. Absalóm

LISTADO DE CIDADES DA LITERATURA CLÁSICA

  1.     Alexandría
  2.     Arcadia
  3.      Argos
  4.      Atenas
  5.      Capri
  6.     Cartago
  7.     Cólquide
  8.      Corfú
  9.     Creta
  10.      Damán
  11.     Esparta
  12.      Ítaca
  13. Mantinea
  14. Micenas
  15. Mileto
  16. Mitilene
  17. Ogigia
  18. Olimpia
  19. Roma
  20. Tebas
  21. Tesalia
  22. Tiro
  23. Traquis
  24. Troia

  XEOLOCALIZACIÓN

 Descarga a APP  Geo.aumentaty no móbil e busca a Ruta “Cidades Literarias”” para acceder aos contidos.

 

         

Deja un comentario