En outono lemos a POE

#lendocontosdeterror

Este ano iniciamos o club de lectura cun grupo ben numeroso con ganas de ler e de pasalo ben  xuntos falando de libros. Toca ambientarnos no tempo de outono sombrío e brumoso de Galicia lendo contos de medo dun autor maldito ou non tanto….EDGARD ALLAN POE.

Seleccionamos tres contos: ” O corazón delator”, ” o escarabello  de ouro” e  ” O gato negro” e facemos unha aproximación á vida do autor para situarnos no tempo que lle tocou vivir e as circunstancias persoais que marcaron a súa biografía e en consecuencia a súa obra.

Poe pasou á Historia da Literatura como un dos máis grandes contistas de todos os tempos, e sen dúbida o inaugurador do relato de terror psicolóxico e da novela negra.

Coas lecturas e as indicacións máis importantes para guiar a nosa andaina pola obra de Poe elaboramos unha Unidade Didáctica para o club de lectura e facemos a primeira “quedada” con choiva, petiscos e Poe.

 

 

Deja un comentario