Rosalía: versos e rosas de Febreiro

Neste mes de Febreiro estamos a homenaxear a Rosalía e decidimos reler unha escolma dos máis senlleiros versos da autora nas reunións co club de lectura.

Por suposto a maioría dos poemas eran ben coñecidos polos membros do club, pero o que non eran tan coñecidos eran os temas que con eles compuxera o cantautor Amancio Prada, que por suposto para o alumnado era un perfecto descoñecido e un tipo algo curioso que non se axusta aos gustos dos nosos lectores….Tempus fugit irreparabile! 

Ao rematares de ler e recitar a antoloxía seleccionada, decidimos facer unha actividade que consistía en poñer uns fragmentos seleccionados polo alumnado e propor que todo o centro vote polos versos máis bonitos ou que lle aquelen máis. 

Velaiquí unhas fotos da exposición para votar…..”Rosalía: versos e rosas de Febreiro”

Deja un comentario