#biblioigualdade: Mexillóns para cear

Esta novela é unha excelente crítica ao patriarcado, á familia estruturada ao redor da figura dominante e tiránica dun pai, á utilización da violencia ata nos aspectos máis cotiáns da vida. Tamén se insiste na metáfora que se establece cos sistemas políticos das dúas Alemanias despois da guerra mundial. Un control absoluto con regras férreas […]

#biblioigualdade: Pel de lobo

Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro […]

En outono lemos a POE

#lendocontosdeterror Este ano iniciamos o club de lectura cun grupo ben numeroso con ganas de ler e de pasalo ben  xuntos falando de libros. Toca ambientarnos no tempo de outono sombrío e brumoso de Galicia lendo contos de medo dun autor maldito ou non tanto….EDGARD ALLAN POE. Seleccionamos tres contos: ” O corazón delator”, ” […]