17 Maio #LetrasGalegas

Este ano a biblioteca festexou a festa das letras galegas cunha actividade centrada nos códigos QR aproveitando que tivemos formación no PFPP de Realidade Aumentada. O equipo de voluntariado elaborou coma sempre unha exposición facendo un percorrido polos mais de 40 anos do Premio das Letras Galegas con carteis dos autores/as que eles mesmos escolleron […]

#40AniversarioConstitución

Dentro das actividades elaboradas pola biblioteca en colaboración co profesorado de  varios departamentos , co gallo do quadráxesimo aniversario da Constitución española do 1978 teremos unha exposición nos corredores do centro baseada no proxecto levado a cabo pola Biblioteca Nacional  “La Transición en Tinta China”coas viñetas e portadas dos máis importantes debuxantes e deseñadores gráficos […]

Comeza o mes da ciencia en galego: Os xogos do XEN

Arrincamos o mes da ciencia en galego na nosa biblio. Non temos moi claro que pode pasar alí dentro á vista do anuncio que puxeron na porta os voluntarios/as… Toca xenética Este ano celebramos o mes da ciencia en galego coa 2ª edición dos Xogos do Xen. Como no ano anterior o alumnado ten que resolver […]

Samhain: “O Aninovo dos celtas”

Como cada ano vimos celebrando a festa do Samaín, pero este ano buscamos na biblioteca a orixe da festa e do nome; por iso na nosa biblioteca celebramos o Samhain do celtas e averiguamos que despois do fin da recollida das colleitas entraban nun novo ano agrícola e no largo inverno do norte. O voluntariado […]

O agro de libros de Mª Victoria Moreno

 O equipo de voluntariado da biblioteca preparou unha maravillosa mostra da obra da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018. Na nosa biblioteca temos a maioría dos títulos da autora e mesmo Anágnorise é unha das obras máis solicitadas no préstamo da biblioteca.        

Celebración do Día das Letras Galegas

 Para celebrar o Día das Letras Galegas deste 2018 na Biblioteca do centro leváronse a cabo varias actividades entre as que podemos destacar a visita da nosa antiga alumna Estefanía Mosquera e actualmente doutora e profesora na UDC  no departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación na área de Didáctica de Língua e […]

21-M Día Mundial da Poesía

Na biblioteca celebramos este día tan especial pegando carteis por todo o centro con versos, citas e poemas de poetas de todo o mundo e de varios idiomas. Ademáis fixemos una exposición de libros de poesía cos que contamos nos nosos fondos de autores e autoras en diferentes linguas para animar á comunidade educativa a […]