Xornadas de Benvida á Biblioteca_Curso 2019/2020

Nestas primeiras semanas estivemos recibindo a todo o alumnado novo do centro na biblioteca. As visitas consistían nunha explicación do funcionamento , dos recursos e da distribución da biblioteca.

Contamos coa inestimable axuda do voluntariado da biblioteca do ano pasado que elaborou e levou a cabo un concurso no formato de “kahoot” entre os novos usuarios/as para así fixar os contidos explicados e facelos máis atractivos.

Esperamos que fose de utilidade, dende logo os gañadores/as quedaron moi contentos co seu agasallo.

 

 

 

Deja un comentario