Co gallo da celebración do día das librerías, pensamos facerlles unha homenaxe a eses lugares máxicos onde podemos atopar portas a outras realidades e outros mundos que nos fagan voar e crecer por dentro.
O alumnado voluntario da biblioteca coordinou unha actividade onde escolleron COMEZOS FAMOSOS DE OBRAS LITERARIAS que forman parte do patrimonio que enche precisamente esas librerías ás que agasallamos.
En primeiro lugar elaboramos «podcast» da selección das obras escollidas, logo subímolas ao noso canal de audios e ao final empregamos a realidade aumentada coa aplicación thinglink onde elaboramos un póster literario e lle insertamos os audios gravados.
O resultado foi compartido coa comunidade educativa para que puideran desfrutar dos audios e tamén coñecer este tipo de ferramenta dixital.