#14/15Febreiro_Día San Valentín e Dos amores Imposibles
Este ano non deixamos de celebrar ao día do padrón dos namorados/as despois de ler varios capítulos da novela traducida ao galego de JOJO MOYES, Eu antes de ti e facer unha sesión unha tarde non lectiva da película do mesmo título sobre o libro. Nesta obra consideramos que podiamos traballar tanto o concepto do amor e o namoramento como o do amor imposible, neste caso por razóns de saúde e un suicidio asistido, pero noutras moitas historias por outros motivos. Así mesmo o alumnado de 2º de bacharelato de Humanidades está a leer a traxedia Antígona de Eurípides, outro caso de amor imposible por razóns diferentes: a política, a lei dos homes e a lei dos deuses, o destino e a fatalidade; como o propio alumnado poido dilucidar polas súas clases de Literatura Universal, xermolo de traxedias posteriores como Romeo e Xulieta de W. Shakespeare.
O equipo voluntario de alumnado da biblioteca elaborou modelos de cartas de “amor” de todos os tipos, non so romántico, que distribuíu polas aulas e a sala de profesorado para depositar na caixa postal disposta a tal fin na porta da biblioteca; eles e elas encargáronse de recoller as misivas e facer de “carteiros/as” para levalas aos seus destinatarios/as.
A coordinadora da biblioteca propuso a través dunha aplicación móbil nos cursos de 1º, 2º de bacharelato e 1º de Ciclo Superior de Administración que votasen os versos máis fermosos, emotivos ou evocadores de diferentes autores/as dunha escolma volcada na aplicación de teléfono.
Os resultados foron imprimidos e colgados nun panel que temos na biblioteca para que
os versos gañadores foran lidos e discutidos ou simplemente desfrutados polos nosos ususarios/as. Non deixan de sorprender ás veces este alumnado noso, neste caso polo seu bo gusto e bo criterio; así veredes liñas escritas por autores tan dispares como : Benedetti, Lope de Vega, Francisco Añón, Pablo Neruda, Octavio Paz, Rosalía, Bécquer ou Fernando Esquío.
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.