17 Maio #LetrasGalegas

Este ano a biblioteca festexou a festa das letras galegas cunha actividade centrada nos códigos QR aproveitando que tivemos formación no PFPP de Realidade Aumentada.

O equipo de voluntariado elaborou coma sempre unha exposición facendo un percorrido polos mais de 40 anos do Premio das Letras Galegas con carteis dos autores/as que eles mesmos escolleron en función do volume da obra que temos e das súas propias lecturas. A esta cartelería exposta na biblioteca engadíronlle un código QR que levaba a un repositorio de información ao que os demais compañeiros tiñan que acceder.

Ao longo desta semana os cursos foron baixando á biblioteca para ler os códigos e contestar a un cuestionario que lles facilitamos sobre cada autor.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *