#19Febreiro: Contra a LGTBIQ+ FOBIA no deporte: Corres como una niña. El género y la diversidad LGTBI en el deporte

Co gallo da efeméride do Día contra a LGTBIQ+FOBIA no deporte, a biblioteca en colaboración coo departamento de Orientación organizou unha charla con debate posterior sobre a LGTBIFOBIA no mundo do DEPORTEContamos coa colaboración de dous membros das asociacións: CLUB  DEPORTIVO LGTBI & FRIENDS e PANTERES GROGUES.

En sesións previas, fixemos un acercamento nas aulas a este tema a través da lectura de fragmentos en capítulos moi ilustrativos da obra de DAVID GUERRERO, Corres como una niña.

Nos diferentes capítulos do libro, o xornalista David Guerrero analiza a situación do fútbol en España como a disciplina con maior invisibilidade e violencia verbal contra as persoas non normativas, sinala aqueles países que non respectan os dereitos humanos e que usan o deporte para limpar a súa imaxe internacional ou lembra o papel decisivo que xogan os medios de comunicación na correcta divulgación da diversidade.

Para profundar na reflexión e a análise, o libro inclúe entrevistas a deportistas como Pau Ribes, pioneiro en natación sincronizada; Alba Palacios, a primeira futbolista trans federada en España; Víctor Gutiérrez, xogador da Selección Española de waterpolo e gai visible; Sara Peláez, árbitra de baloncesto profesional e lesbiana visible, ou María José Martínez Patiño, experta do COI e ex atleta intersex.

     

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *