1º BCH. Optativos

xg00179901Todo é silencio

Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Noitía, o universo que domina ao seu antollo. En Noitía, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.


descargaNon hai misericordia

A estructura de «Non hai misericordia» xira arredor dalgúns relatos que son o pretexto para que varios contertulios dialoguen nun programa radiofónico sobre o tema da violencia. Esta idea sérvelle ao autor para facer unha recreación paródica do xeito de expresarse que ten cada un dos participantes: un sociólogo, un teólogo, un psicólogo e un asistente social.

 O protagonista absoluto de «Non hai misericordia» é a violencia nas súas diversas manifestacións. Polas súas características estructurais, pola súa fasquía temática, a narración crúa, tensa e directa, pola linguaxe asequible, esta obra, recuperada agora dentro de Xerais Peto, está chamada a ser revisitada e recoñecida por un amplo abano de lectores.


51pxdfc7hql-_sx324_bo1204203200_Ollos de auga

Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa. 


Os Outros Feirantes 66567139e71d850221dab1a872470358662a4479

Semblanzas de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría.  Retratos ao miúdo, coma os que se adoitaban facer nas feiras, Os outros feirantes é un libro escrito con maxia verbal e, ao tempo, con autenticidade. No fondo destas páxinas latexa o pálpito vivo dunha Galicia chea de humor e enxeño. Retratos que teñen como modelo a xente inventada ou mesmo tirada da realidade do país, ou ambas as cousas á vez.


486561Dos Arquivos do Trasno

Este libro, formado por relatos breves, é unha das xoias máis valiosas da literatura galega. Publicado por primeira vez en 1926 con só oito contos. Dieste foi engadíndolle pezas ata cegar as vinte, que compoñen a versión definitiva desta pequena e dedicada obra mestra.

 

 


Unha Presa de terra  descarga-1

A aparición do cadáver dunha moza nun ascensor é o comezo desta novela de intriga e investigación. A trama policial parece estar servida; sen embargo, o violento crime a penas deixa pistas que poidan actuar de fío conductor dunha arañeira chea de intrigas e sospeitosos. A detective privada que, por compromiso, se encarga do caso, colabora atipicamente coa policía, cun amor polo medio durante a investigación.


descarga-2Os Dous de Sempre

Nesta novela, Castelao nárranos a vida de dous personaxes contrapostos, dous amigos que ven e viven a vida de forma totalmente diferente. Por un lado Pedriño, mimado e consentido desde a súa infancia pola súa tía Águeda. Convértese nun lacazán, comellón, sen ningún obxectivo na súa vida. Representa o conservadorismo.  Pola outra banda, Rañolas, un neno eivado, orfo de pai e cunha nai con problemas de bebida. Vai enfrontarse á vida cun gran afán de superación, loitando por conseguir o que quere. Representa o idealismo.


descarga-3

Tristes Armas

Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ao seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, exiliadas en Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos,  dunha muller loitadora, dun carteiro namorado, dun rapaz empeñado en borrar a tristeza dos ollos dunha rapaza.
É unha historia de fillos separados dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e mulleres zarandeados e maltratados polos ventos do odio. Pero Tristes armas é sobre todo unha historia de amor. Tristes armas presenta dende un punto de vista sinxelo e profundamente humano algúns episodios da Guerra Civil, desde o punto de vista dos que non combateron, pero que sufriron as súas terribles consecuencias.


                                                       Memorias dun Neno Labrego

Memorias memorias-dun-neno-labrego1dun neno labrego é o caderno no que Balbino escribe todo o que lle acontece na súa aldea. A familia do protagonista é moi pobre e traballa a terra e o gando dun Señor. Os país de Balbino trátano coma a un maior, pero nos seus ollos aínda se pode albiscar a inocencia propia dun neno da súa idade. A  Balbino gústalle pensar o porque das cousas e cavilar sobre o mundo.

 

 


descarga-4

 

Lume de Biqueira

O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, socio soñador dun Celta galego e campión. O rapaz escoita, en necesarias horas de garda e de terapia para o ancián, a grande novela histórica, utópica do fútbol galego…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *