23 abril Día do libro e dos dereitos de autor

 FONTE: BEdeGalicia

         Se queres que os demais che digan
o que tes que facer, non leas. Se
queres que os demais che digan
o que tes que pensar, non leas. Se
queres que a publicidade che diga
o que tes que mercar, non leas. Se
queres vivir coma un robot que
outras persoas programan, non
leas. Non leas, porque a lectura
é incómoda. Non leas porque
a lectura che revolve a cabeza.
Non leas porque a lectura te pon
contra as cordas. Non leas, porque
a lectura é rebelión. Así que, por
favor, é mellor que non leas.
Fran Alonso

                                                

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *