Co gallo do Día do libro, este ano puxemos en práctica o libro para o amigo/a invisible. O voluntariado da biblioteca elaborou a cartelairía anunciando a actividade e as condicións para levala a cabo.
Preparamos un formulario coas preferencias dos ususarios/as para ser deixadas na biblioteca na caixa do correo, e así mesmo había que coller ao chou o formulario doutro usuario para preparar o agasallo. Tamén tiñamos unhas postais con dedicatorias por si algún usuario/a quería ademais poñer unhas liñas dentro do libro, a peli ou o xogo do seu amigo/a invisible.
Finalmente o equipo da biblioteca e o voluntariado preparou os paquetes que logo, no día do evento, ían ser repartidos aos amigos/as invisibles nas aulas e na sala de profes.
Foi moi divertido e nalgúns casos acertamos pero noutrosssss……..