#25N Día internacional eliminación violencia contra a muller

Nesta efeméride invitamos á nosa biblioteca a Elsa Rodríguez para darnos unha charla sobre «a abordaxe contra a violencia de xénero». Antes de reunirnos para compartir a charla, nas aulas levamos a cabo outra «abordaxe», introducir e amosar un exemplo máis lonxano no tempo de violencia de xénero coa lectura do conto Las Medias Rojas de Emilia Pardo Bazán. O relato foi creado en 1911 pola escritora española Emilia Pardo Bazán. Este escrito pertence á colección Contos da terra. O propósito fundamental da obra é recoller a incerteza e a violencia para denunciar as desvantaxes da muller nunha sociedade utilitaria. Pardo Bazán vai mais alá das cortinas da agresión; mostra como á muller considéraselle un simple obxecto. A escritora adiantouse no tempo para protestar contra os abusos á muller. Referíndose non soamente ao castigo físico, senón que tamén á manipulación e a hipocrisía de toda unha sociedade que é cómplice desta práctica.

Para afondar nesta problemática a partir da lectura do conto da escritora, compartimos un xogo sobre a obra.

Deja un comentario