#25N_Cine Forum: El orden de las cosas

Co gallo das actividades do 25N preparamos unha actividade na que participou o voluntariado da biblioteca e convertemos o noso espazo nunha pequena sala de cine para ver o curto «El orden de las cosas», unha obra mestra da reflexión sobre o maltrato ás mulleres no ámbito doméstico e a súa interiorización como algo natural e perpetuable na sociedade.

Despois do ver o curto aproveitamos para facer unha actividade lúdica sobre o simbolismo das palabras e dos obxectos nesta obra e a que reflexión nos levaría. Deixamos aquí a ligazón á actividade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *