#27Xaneiro: Día Internacional conmemoración das vítimas do Holocausto

Este ano pareceunos no Equipo da Biblioteca que non era outro ano máis para conmemorar esta data, xa que os conflitos que o noso alumnado escoita e ve nas RRSS e nos medios de comunicación, danlle especial importancia á reflexión sobre o Holocausto, aínda que no podemos deixar de incluír unha reflexión transcendental que fixo un dos membros do voluntariado da biblioteca: Os que foron vítimas, son agora os asasinos??

Esta pregunta de difícil resposta abre a porta a que noutra ocasión vexamos a realidade do mundo Palestino e fagamos unha conmemoraación ás súas vítimas, de antes e de agora, sen esquecer que o Holocausto tivo un momento histórico concreto e foi dunha crueldade impropia da especia humana.

Feita a reflexión que aquí deixamos co voluntariado, pasamos a celebrar as diferentes actividades desta data:

Mesas por diversos rincóns do centro, dentro e fóra da biblioteca con exposicións de libros e películas sobre a tenmática do Holocausto e o rexime nazi.
                                   «Quen queima libros, ao final queima persoas»                                                                  Heinrich Heine, poeta s. XIX
Elaboración polo equipo voluntario de alumnado coa guía da coordinadora biblioteca de cartelaría sobre a AVENIDA DOS XUSTOS en Xerusalem
Unha árbore por cada un dos xustos entre os xustos. Nesta avenida temos a sete compatriotas como exemplo de bondade e fe na Humanidade.
       MEMORIAL AVENIDA DOS » XUSTOS ENTRE OS XUSTOS DAS NACIÓNS» EN XERUSALEM.
Rincón con fondos da Biblioteca sobre os Campos de Exterminio. Representación da alambrada de Auschwitz e do pixama dos prisioneiros.

                                                                                   

Mostra da simboloxía nazi para «catalogar»a todo tipo de presos, chegando ao desvarío e a deshumanización propia do rexime nazi.

 

Charla e coloquio posterior a cargo da alumna de 2º de Bach. sobre os campos de exterminio na Alemnia nazi e o percorrido polo Berlín actual e as pegadas nazis.

Tivemos a gran sorte de contar cunha alumna que percorreu coa súa mochila este verán parte de Alemania e traeu con ela moitas reflexións e informacións que compartíu cos seus compañeiros/as de diversos niveles e co profesorado. A charla levouse a cabo na biblioteca cunha presentación que nos puxo en situación dun campo de extermino como foi Auschwitz (Polonia)  ou Sachsenhausen (Brandenburgo, Alemania). Tamén reflexionou sobre a actitude das autoridades alemás actualmente e o gran respecto que sinten polo xenocidio e a súa clara intención de que  non volva suceder, así como a vergoña que sinte o pobo alemán en xeral ao sacar o tema.

En 1º lugar todo o mundo que entraba na biblioteca TIÑA QUE MARCARSE COMO UN PRESO MÁIS, podían escoller ser : homosexuais, xitanos, republicanos españois, presos políticos, xudeus, enfermos mentais, discapacitados, testigos de Xehová, prostitutas e xente de «mal vivir». Para isto o alumnado púxose previamente mans á obra e preparamos as chapas para poñer no peto de cada un que «entraba no campo de exterminio» e uns carteis sinalizando que indicaba cada chapa que escollían. Todo o alumnado asistíu á charla co seu vergoñenta estrela ou triángulo, sentídose por unha hora na pel de 7 millóns de xudeus e outras 6 millóns de non xudeus.

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *