2º BCH. Obrigatorios

1ª  AVALIACIÓN 

486561   Dos Arquivos do Trasno      

   Este libro, formado por relatos breves, é unha das xoias máis valiosas da literatura galega. Publicado por primeira vez en 1926 con só oito contos. Dieste foi engadíndolle pezas ata cegar as vinte, que compoñen a versión definitiva desta pequena e dedicada obra mestra.

 

                  


4277-thickbox_default-a-fiestra-valdeira-4277-e1469743558857A Fiestra Baldeira

A comedia desenvólvese nun ambiente mariñeiro e critica os devezos dos novos ricos por borrar o pasado, agochando as miserias polas que tiveron que pasar para ser quen son na actualidade.

 


 

2ª AVALIACIÓN

9788497821285Arraianos

A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa…

 


9788482887340Vento Ferido

A obra literaria de Carlos Casares é unha das máis interesantes da literatura galega do século XX, e iníciase en 1967 con Vento ferido. Nestes doce relatos marcados pola violencia, a soidade e o fatalismo, abrolla a mirada, xa orixinal, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor. Narrativa innovadora, que busca a plena comunicación co lector para afondar nos sentimentos e na vivencia humana do tempo.


3ª AVALIACIÓN

 

descarga-5Unha rosa é Unha rosa

Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo) é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herencia en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ascendencia galega. A morte da vella Rosa, en extrañas circunstancias, desencadeará unha divertidísima trama de enredo, parodia da ambición desmedida da sociedade actual, que remate cunha inevitable hecatombe tráxica…


descarga-6O Club da Calceta

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.

 


descarga-7  A Esmorga

A esmorga é a novela máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal.

 


descarga-8   * Calquer obra poética ou narrativa de Manuel Rivas

Deja un comentario