Seguimos a traballar para reflexionar sobre as enfermidades mentais asociadas á alimentarción. Escollemos a obra de Jordi Sierra i Fabra: Las chicas de alambre. Despois de ler a novela, o voluntariado da biblioteca escolleu varios fragmentos e fixo unha posta en común de ideas a partir da cal decidíronse varias actuacións:
- cartelería por todo o centro con frases tiradas da obra e outras para facer reflexionar sobre estes trastornos.
- elaboración dun audio con definicións e información sobre diversos tipos de trastornos e posta en marcha dun concurso polas aulas en formato de kahoot.