#31Día Internacional dos Magos

Nesta ocasión conmemoramos o Día Internacional da Maxia, que tantas lecturas están impregnadas dela e fan espertar e voar a imaxinación do noso alumnado. Como non íamos a facer unha pequena referencia á saga de HARRY POTTER que tanto ten feito polas bibliotecas escolares fomentando o hábito lector e descobrindo novos mundos a través as súas páxinas?

Por iso o noso «Harry Potter particular» amenizou os recreos desta data cunha actuación na biblioteca para todo aquel que quixese acodir e participar como público, e mesmo como «axudante do mago».

Non faltaron nin os conxuros máxicos de Potter, nin os Ohhhhh de asombro da concorrencia; velaiquí tedes unha mostra das actividades:

  
 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *