#3D: Día Internacional das Persoas con Capacidades Diversas

Co gallo deste día preparamos varias actividades partindo da lectura de capítulos de varias obras que temos nos fondos da biblioteca:

  • O Curioso Incidente do perro a medianoite

  • Wonder. La lección de August

  • El mundo sobre ruedas.

Estes tres libros recollen «persoas con diversidade funcional» e os problemas que viven diariamente por esta causa. A partir destas lecturas pasamos á acción e o voluntariado foi polas aulas explicando a importancia da data e a súa celebración. Contamos coa colaboración de dúas asociacións: FADEMGA e WestGalicia que traballan as capacidades diversas dende áreas diferentes. 

Durante todo o día o voluntariado da biblioteca atendeu o seu traballo coa camiseta dunha destas asociacións WestGalicia e informou a todos cantos se acercaron pola biblioteca.

Menchu da asociación WestGalicia falou co noso alumnado para informar e sensibilizar das persoas con outras capacidades que están ao noso arredor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *