#6F Día contra a mutilación xenital feminina

Co gallo desta data o voluntariado da biblioteca elaborou unha galería de carteis que ilustraban a importancia desta data e informaban á comunidade educativa da existencia desta práctica que atenta contra as mulleres e sobre todo contra as nenas.

Para ilustrar e afondar nesta actividade lemos polas aulas fragmentos de obras de autores que reflicten un mundo nos que os dereitos das mulleres non se ven respectados e se atenta continuamente contra seus dereitos, tales como : Orhan Pamuk, Malala Yousafzai e Khaled Hosseini.

Por último visionamos un curto MARIAMA de Mabel Lozano e sobre el elaboramos un xogo para que nas aulas probasen de forma lúdica a comprensión a través do curto e das lecturas que tiñan acadado.

#6F: Día Contra a Mutilación Xenital Feminina

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *