#40AniversarioConstitución

Dentro das actividades elaboradas pola biblioteca en colaboración co profesorado de  varios departamentos , co gallo do quadráxesimo aniversario da Constitución española do 1978 teremos unha exposición nos corredores do centro baseada no proxecto levado a cabo pola Biblioteca Nacional  «La Transición en Tinta China»coas viñetas e portadas dos máis importantes debuxantes e deseñadores gráficos como: Forges, Peridis, Mingote,Máximo, Mena, El Roto, El Perich, Chumy Chúmez, Vázquez de Sola entre outros.

Esta actividade está sendo elaborada polo alumnado de 1º CSAF dentro das actividades da materia de  xestión e documentación xurídica que están a investigar en publicacións e cabeceiras da época como: Hermano Lobo, Por Favor, Cuadernos para el diálogo, El Jueves, ABC,Blanco y Negro, Interviu, El País, Informaciones,  La Codorniz, Triunfo ,  El Pappus, Época…

O voluntariado da biblioteca elaborou este vídeo con algunhas das portadas seleccionadas pola clase de 1º CSAF.

  • A fonte das imaxes procede de www.bne.es: Catálogo exposición "La Transición en Tinta China".

 

Deja un comentario