#biblioigualdade: O armiño dorme

Bia de Medici, filla ilexítima do duque de Florencia conta os últimos días da súa vida. Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, ferve un mundo cheo de perigos, pero tamén de liberdade. O amor entrará na gaiola de Bia para trastocalo todo.

Debaixo desta novela, temos un verdadeiro enigma da Historia da Florencia medieval; aínda hoxe a morte desta muller segue a ser un misterio…

Deja un comentario