#biblioigualdade: Mil soles espléndidos

Filla ilexítima dun rico home de negocios, Mariam se cría coa súa nai nunha modesta vivenda nos arredores de Herat. Aos quince anos, a súa vida cambia drasticamente cando o seu pai envíaa a Cabul a casar con Rashid, un tosco zapateiro trinta anos maior que ela. Case dúas décadas máis tarde, Rashid atopa nas rúas de Cabul a Laila, unha moza de quince anos sen fogar. Cando o zapateiro ofrécelle acubillo na súa casa, que deberá compartir con Mariam, entre as dúas mulleres iníciase unha relación que acabará sendo tan profunda como a de dúas irmás, tan forte como a de nai e filla. A pesar da diferenza de idade e as distintas experiencias que a vida lles ha deparado, a necesidade de afrontar as terribles circunstancias que as rodean —tanto de portas dentro como na rúa, onde a violencia política arrasa o país—, fará que Mariam e Laila vaian forxando un vínculo indestructible que lles outorgará a forza necesaria para superar o medo e dar cabida á esperanza.

Deja un comentario