#biblioigualdade: Os homes que non amaban ás mulleres

Harriet Vanger desapareceu fai trinta e seis anos nunha illa sueca propiedade da súa poderosa familia. A pesar do despregamento policial, non se atopou nin rastro da rapariga. Escapouse? Foi secuestrada? Asasinada?

O caso está pechado e os detalles esquecidos. Pero o seu tío Henrik Vanger, un empresario retirado, vive obsesionado con resolver o misterio antes de morrer. Nas paredes do seu estudo colgan corenta e tres flores secas e enmarcadas. O primeiras sete foron agasallos da súa sobriña; as outras chegaron puntualmente para os seus aniversarios, de forma anónima, desde que Harriet desapareceu. Mikael Blomkvist acepta o estraño encargo de Vanger de retomar a procura da súa sobriña. Xornalista de investigación e alma da revista Millennium, dedicada a sacar á luz os trapos sucios da política e as finanzas, Blomkvist está vixiado e procesado por unha querela por difamación e calumnia presentada por un gran grupo industrial que ameaza con arruinar a súa carreira e a súa reputación.

Contará coa colaboración inesperada de Lisbeth Salander, unha peculiar investigadora privada, socialmente inadaptada, tatuada e chea de piercings, e con extraordinarias e insólitas calidades.Así empeza esta magnífica novela que é a crónica dos conflitos dunha familia, un fascinante fresco do crime e do castigo, de perversións sexuais e trampas financeiras; un armazón violento e ameazante no que, con todo, crecerá unha tenra e fráxil historia de amor entre dous personaxes absolutamente inesquecibles.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *