Co gallo do día 6 de abril no que celebramos o Estatuto de Autonomía de Galicia, queremos compartir convosco os materiais que temos elaborado na biblioteca co alumnado voluntario en colaboración coa nosa compañeira Pilar Martínez (dpto. Xestión e Admón) e o seu alumnado ; o vindeiro mércores celebraremos unha charla con 1º de bacharelato sobre esta data e a súa importancia e animamos a todo o claustro a empregar os materiais que enviamos nas vosas aulas e co voso alumnado para reflexionar un pouco sobre tema de tanta importancia, uns poucos minutos falando ao noso alumnado desta data pode ser moi importante.
Tamén teredes na biblioteca unha exposición de obras de autores/as salientables e de temática relacionada co exilio galego.