Este ano comezamos coa creación dunhas Xornadas Literarias anuais da Biblioteca do IES de Sabón; o 1º autor que as inaugurou foi un antigo alumno do centro que realizou os estudos obrigatorios no IES de Sabón onde iniciou o seu amor pola literatura clásica galega, así como o interese pola animación e a banda deseñada xaponesas. Con base nestas referencias, comezou a escribir os primeiros relatos, durante a súa época do bacharelato no noso centro. Gañou o premio do público no III Certame Literario de Microrrelatos Aliteraclara.
A obra gañadora e da que estivemos a falar no Auditorio do Centro Cívico de Arteixo foi A Princesa Dourada publicada na editorial Boadicea, cuxo argumento podemos resumir : A vida de Xosé xira arredor do fútbol e de pasar tempo con Marica. Non obstante, cando ela cumpre quince anos, Xosé descobre por accidente o gran segredo que a súa amiga gardaba. Marica é, en realidade, a princesa do reino de Nihá, que tivo que fuxir despois de ser expulsada dos seus dominios pola raíña demo de Hangyo cando aínda era unha nena; segundo contan as lendas, a princesa exiliada logrará recuperar o seu reino grazas á súa intelixencia e á súa férrea vontade. Ao descubrir a verdade, Xosé converterase no seu aliado máis fiel, disposto a todo para axudala a cumprir o seu propósito nunha aventura épica.
Despois da charla co autor pasamos a turno de preguntas polo alumnado asistente e a un sorteo do libro e firma adicada do autor para cada alumno/a agraciado co premio dun libro.
