A biblioteca espazo inclusivo

Este curso contamos coa colaboración dunha alumna de Formación Profesional con NEE; dende a biblioteca asumimos incluila no programa do voluntariado de biblioteca; as súas funcións ademais de préstamos e devolucións, tentamos que foran tamén de atención aos usuarios e que interaccionara con outras persoas e mesmo mellorara as súas habilidades sociais.

Temos que reconocer que co método axeitado ás necesidades de Laura e coñecendo a súa linguaxe e forma de comunicarse, conseguemos que fora un elemento moi útil como voluntaria na biblioteca, xa que ademais de cuestións técnicas, ás que se afixo rapidamente, consegueu colaborar e participar na dinamización das actividades da biblioteca.

Ante de incorporar á alumna tivemos en conta os seguintes aspectos:

  • Adaptación do contorno: Colaborar na organización dunha biblioteca de fácil acceso, utilizando sinalización clara, pictogramas ou recursos de lectura fácil adaptados ás necesidades do alumnado de FP.

  • Apoio personalizado: Ofrecer orientación e acompañamento individualizado aos estudantes con NEAE para que aprendan a utilizar de forma autónoma os recursos da biblioteca (buscas no catálogo, préstamo, uso de ordenadores).

  • Creación dun espazo seguro e amigable para a alumna: Ofrecerlle un clima de confianzae e promover a biblioteca como un refuxio de aprendizaxe seguro, libre de prexuízos, onde se respecten os diferentes ritmos de aprendizaxe.

  • Alfabetización dixital: Axudar na titorización do uso de ferramentas tecnolóxicas e de apoio (lectores de pantalla, aplicacións interactivas) para reducir a fenda dixital no alumnado con dificultades.

Finalmente a alumna veu recoller o seu certificado como voluntaria na biblioteca escolar coa máxima dotación de horas, e o equipo de biblioteca felicitouna á hora de entregarlle o seu merecido diploma na compaña da súa nai que agradeceu o traballo feito coa súa filla e como agasallo regalámoslle unha obra da escritora favorita de Laura, María Canosa, coa que temos a sorte de compartir docencia neste curso escolar. 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *