Celebramos un acto como todos os anos pero enfocado en por que non debería existir, e por que non existe un paralelo nos homes; o acto en si mesmo tivo lugar na zona deportiva e foi organizada e ambientada polo alumnado da FP. Básica de Cociña.
Previamente fixemos traballos na biblioteca empregando textos tanto obtidos dos fondos da biblioteca, como de páxinas web ou en chatbots e apps de IA, seleccionadas polo alumnado e revisadas pola coordinadora de biblioteca aproveitando para explicar como se pode facer unha procura útil, segura e autónoma. Cada un tivo que elixir unha muller do seu país que reivindicara os dereitos das mulleres, buscar un texto que fora representativo e lelo no acto público que se celebraba esa data.
Debido a que había unha gran variedade de países de orixe ou de nacemento do alumnado a escolla foi moi interesante e a lectura fíxose moito máis valiosa canto foi en varios idiomas.
Na fase de preparación, unha vez escollida a muller e o texto, elaboraron por escrito no seu portátil o documento que ían leer en voz alta; esta fase de lectura en voz alta foi a que nos levou máis tempo preparar debido non so á timidez e a falta de costume de falar en público (gran error do sistema educativo) senon que tamén polo traballo de ensinarlles conceptos como entoación en función do contido, as pausas, o sentimento e a linguaxe xestual para interpretar o que se está a ler. Ao mesmo tempo que practicabamos a lectura en voz alta e a arte da oratoria, tamén enriquecemos o vocabulario que tivo que ser consultado continuamente para entender o que se ía ler e que se cumprisen os requisitos anteriores.
Durante o acto ademais de repartir aos asistentes os consabidos lazos lila ( co asombro de coñecer a tráxica orixe desta cor para o día internacional do 8M) o alumnado leu subido nun atril ( empodeiramento escénico, moi importante) ; a riqueza das lecturas puxéronnas unha rapaza do Brasil que leu en portugués a Bertha Lutz e outra rapaza de Marrocos que leu en francés a Simone de Beauvoir.
Finalmente unha rapaza escolleu escribirlle á deputada Clara Campoamor sobre a que tiñamos lido o discurso nas Cortes sobre os dereitos das mulleres en plena II República; a rapaza faloulle en voz alta dándolles as grazas por adiantarse no tempo e a razón que lle deu o paso do tempo.
