Este ano o día da Ciencia en Galicia celébrase na honra do xeógrafo e home de moitos saberes Domingo Fontán.
O voluntariado preparou unha exposición con materiais que reflectisen a data e tivemos a sorte de contar cun compañeiro que tiña moitos mapas de Fontán e coñecementos do autor e deu unhas charlas ao alumnado moi dinamizadoras.
O equipo de voluntariado regaloulle ao seu profesor un exemplar da recente biografía sobre o autor enagradecemento pola súa charla e amosar a obra e vida deste xeográfo e científico avanzado ao seu tempo.