Para conmemorar esta data no presente curso o voluntariado da biblioteca axudou na elaboración dunha actividade titulada «Mensaxes con pegada enfeminino».
Preparamos unhas tarxetas coa faciana dunha selección de mulleres senlleiras por algún motivo e decoramos os corredores do centro con elas. Cada tarxeta levaba un código QR para escanear e poder saber así máis desa muller ou se era o caso coñecela por primeira vez. Tamén creamos un preciso póster coa temática do día.
Invitamos a todo o claustro e os alumnos/as do centro a participares e escribir nas tarxetas unha mensaxe, unha frase ou mesmo unha soa palabra inspiradora adicada á muller/es escollidas.