Ao longo destes meses o equipo voluntario da biblioteca estivo a indagar e reflexionar sobre o papel das Mulleres na Antigüidade Clásica en diversos ámbitos da vida: nas artes, na ciencia, na vida cotiá, na literatura…O resultado final velaquí pode verse no seguinte enlace https://labtic.org/ofiodeariadna/
Este traballo colaborativo está estructurado en varias partes:
-
Etimoloxía: estudo e reflexión de vocabulario relacionado coa Muller e as súas implicacións sociais e políticas.
-
Audios: graváronse audios cos textos escollidos das obras estudadas sobre estas mulleres en diferentes idiomas.
-
Percorrido virtual en 3D: un tour no que poder mergullarse para ver, escoitar e pescudar sobre os lugares destas mulleres tan especiais para a civilización occidental.
-
Unidades Didácticas: textos escollidos, películas, obras de arte, textos variados para seguir a pegada destas historias e reflexionar non so sobre o papel das mulleres na Antigüidade senón que tamén para interioriorizar canto quedou delas no mundo actual e canto da nosa forma de vida débese a elas.
-
Vídeos: exposicións do alumnado sobre o seu traballo , comentarios e valoracións do proxecto.