A FP.BÁSICA TAMÉN É UN CAMIÑO: 1ª Charla: Familia de Cociña e Hostalaría.
Inauguramos unha nova experiencia na biblioteca en colaboración co departamento de Orientación e a Coordinación de Benestar, charlas motivacionais entre iguais, é dicir, antiguos alumnos/as que pasaron pola Básica neste caso ou os antigos plans de PCPI veñen a contar as súas experiencias nas mesmas aulas que o seu auditorio na actualidade e os camiños que se lles foron abrindo a partires da FPBásica e as súas situacións académicas e laborais agora mesmo.
Nesta 1ª charla os cursos aos que ía dirixida eran os 1º e 2º cursos de Cociña e Hostalaría. Os exalumnos relatores foron:
– Kaoutar Saaiaoui: alumna conflitiva, como ela mesma recoñeceu e pouco integrada no seu paso pola FPB. Sen embargo eses dúos cursos e a mentorización dalgún dos seu profesores obraron o miragre, de xeito que veu contar a outros alumnos/as agora mesmo na básica, como logrou rematar o ciclo tanto nivel medio como superior, e mesmo fixo o ciclo superior de Dirección de cociña. Agora mesmo ten un bo futuro laboral traballando en establecimentos de alto nivel e exixencia, sentíndose feliz e moi realizada ao mesmo tempo que moi ben pagada e cun amplo abano de camiños que se lle abren a partir das aulas da FPB na que agora mesmo están os seus escoitantes.
Fixo un alegato ao esforzo, á paixón polo que fas e as gañas de superarse paso a paso, porque aínda que ela partía dunha situación complicada, era muller e as súas orixes podían ser unha dificultade, con gañas e moito traballo chegou ás súas metas, e sigue pensando en formarse a través dun Máster que vai iniciar tendo en mente nalgún momento adicarse á docencia, outra paixón que descubríu cos anos.
Por outra banda escoitamos a Shoel e Alex que ao non rematar a Secundaria tiveron que incorporarse nos PCPI para obter en dúos cursos o título da ESO. Despois de grandes dificultades académicas e un inmovilismo tanto no sistema académico, eles verbalizaron que foron tempos duros xa que sentíanse «mal tratados» polo profesorado que non lograba contactar con eles. A través de pequenos cambios nalgunhas clases concretas, recoñecen que ao abandoar o centro despois de dar voltas, tomaron decisións positivas como abordar un Ciclo Medio de Cociña ou un Ciclo Medio de Guía no medio ambiente.
No caso de Shoel, foi máis aló, voltou ao centro, rematou o bacharelato, foi á Complutense en Madrid e está graduado en Historia da Arte, en vísperas de escoller un Máster e ao mesmo tempo, facendo prácticas nunha gardería dentro dos seus estudos de Educación Infantil.
En todos os casos , estes membros da «familia académica» do IES de Sabón animaron aos rapaces/as de Cociña e Hostalaría a rematar, nunca abandoar, e asumir que con traballo pode haber dende a FP Básica moitos e variados camiños profesionais na vida. ♥
Lara García Vidal, de 39 anos, de Sada, A Coruña. Lara explicou como abandonou os estudos aos 17 anos porque non atopaba o seu lugar e estaba convencida,, de que os estudos non eran para ela. Levou anos traballando arreo de camareira ata que decidiu, con 30 anos e cun bebé de 2 anos, que tiña que estudar se quería mellorar a súa situación laboral. Ata o momento realizou un Ciclo Medio en Hostalería, o Ciclo Superior na mesma rama e un Ciclo Medio en Pastelería. Actualmente prepárase para os exames de profesorado de Ciclos da súa especialidade.
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.