Actividades Formación Voluntariado 2018

Estamos no inicio dun novo curso e xa temos caras novas no equipo da biblioteca; este ano hai un nutrido grupo de voluntariado moi xeitoso que empeza agora coa súa formación no labor como voluntarios da biblioteca escolar.

ACTIVIDADE INICIAL:  As competencias ALFIN/ AMI
  • DESCRICIÓN: Trátase de deseñar e desenvolver programas para a mellora da competencia informacional e mediática (ALFIN/AMI) do alumnado.
  • OBXECTIVOS apoiar e reforzar a inclusión dos contidos de alfabetización informacional e mediática mos contidos curriculares, de forma transversal, co apoio da biblioteca escolar.
  • FASES :
  • Preparación do equipo de alumnado voluntario para o recibimento e explicación do funcionamento da biblioteca: nesta fase o equipo da biblioteca asesoras ao voluntariado e preparan conxuntamente unha guía actualizada de biblioteca escolar. (publisher)-
  • Difusión nas redes sociais da biblioteca por parte do equipo de voluntariado coa supervisión da encargada da biblioteca.
  • Cronograma de traballo para o reparto de charlas en tódolos cursos do centro.
  • Posta en marcha das sesións de “acollemento” na biblioteca.  
  • PRODUTOS
  • Guía de Uso da biblioteca ( v. abaixo)
  • Difusión nas RRSS da biblioteca @bibliosabon
  • Sesións competencia ALFIN/AMI na propia biblioteca polo equipo voluntario de alumnado

Xogo interactivo en kahoot.it   

GUÍA  USO daBIBLIOTECA


Deja un comentario