#Benvida 22_23

Ao longo do mes de outubro estivemos a levar a cabo as xornadas de benvida e acollemento ao novo alumnado do centro. Nestas sesións o equipo do voluntariado da biblioteca foi o encargado de recibir na mesma aos grupos de compañeiros e de darlles unha explicación do funcionamento da biblioteca, das súas zonas e dos fondos dispoñibles.

No último tramo da charla de benvida, os membros do voluntariado propuxeron un xogo cun kahoot para ver quen era o máis rápido en contestar sobre os asuntos comentados na exposición anterior sobre o funcionamento da biblioteca; o gañador/a recibíu unha preciosa libreta das bibliotecas escolares e un bolígrafo con logo do centro como agasallo. 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *