Benvida á Biblioteca 2025: Mafalda espéranos como premio!

Nestas primeiras semanas estivemos recibindo a todo o alumnado novo do centro na biblioteca. As visitas consistían nunha explicación do funcionamento da mesma, dos recursos e da distribución das diferentes seccións da biblioteca.

Contamos coa inestimable axuda do voluntariado da biblioteca do ano pasado que elaborou e levou a cabo un concurso  entre os novos usuarios/as para comprobar que os seus compañeiros/as de cada curso: Bacharelato, Educación Secundaria de Adultos e Formación Profesional tiñan tirado proveito da explicación.

 O gañador/a que contestara correctamente a máis preguntas e no menor tempo tiña como agasallo a colección completa da obra de Quino, Mafalda, da que o alumnado actual non ten coñecemento e de seguro vai desfrutar moito das súas viñetas léndoas por primeira vez.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *