Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume. Este é o arranque argumental de Pel de lobo, a novela de Xosé Miranda, gañadora do Premio Merlín 2002. Unha novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome.
Escrita nunha prosa de alta calidade literaria, empregando unha lingua popular moi puída, Xosé Miranda crea nesta novela engaiolante a atmosfera desacougante das fazañas e das crenzas sobre o lobo nas aldeas da montaña luguesa. Aventuras e crenzas que non lle impiden recoller noutros fíos narrativos unha misteriosa historia de amor e de descubrimento iniciático da vida adulta, o debate sobre as ideas de redención dos foros, o mundo mítico e as crenzas populares da aldea, ou as historias de cazadores.
Pel de lobo constitúe unha homenaxe á memoria de tódolos habitantes das montañas de Lugo e Ourense, a súa fala e a súa concepción do mundo.
Unha homenaxe, tamén, traballo dos antropólogos e escritores galegos como Laureano Prieto, Vicente Risco, Fiz Vergara Vilariño, Uxío Novoneyra ou Ánxel Fole, que impregnaron coas súas historias as páxinas desta magnífica obra, dirixida tanto a público xuvenil como adulto.
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.