#biblioigualdade: Priscilla, reina del desierto

Tres artistas de cabaret que viven en Sidney son contratadas para actuar durante catro semanas nun hotel de Alice Springs, no medio do deserto vermello de Australia. Espéralles unha gran aventura, pero unha cousa é atravesar o país en autobús, deixando atrás todos os seus problemas, e outra chegar ao seu destino sas e salvas. Sobre todo se Felicia e Mitzi son raíñas do drag e Benardette transexual. Inician así un periplo de dúas semanas, con música soando a fume de carozo e o autocar repleto dun rechamante vestiario e zapatos de plataforma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *